Campoy-Cubillo, M. C., Bellés-Fortuño, B. & Gea Valor, A. L. (eds.) 2010. Corpus-Based Approaches to English Language Teaching. London: Continuum.
Metodoloxía aplicada a calquera área de estudo lingüístico que analiza de modo empírico bases de datos lingüísticos ou corpus co obxecto de determinar, entre outros aspectos, a frecuencia coa que unha construción ou estrutura aparece no discurso en relación con determinadas variables lingüísticas e/ou extralingüísticas. Grazas aos corpus electrónicos, o lingüista pode buscar, recuperar, clasificar e cuantificar datos da lingua con facilidade.
No campo do ensino de linguas, as vantaxes que presenta un enfoque baseado nos corpus son as seguintes:
- os exemplos tomados dun corpus son auténticos;
- os datos analizados a partir dun corpus poden ser utilizados polo alumno en tarefas que impliquen a verificación ou o rexeitamento de hipóteses sobre a lingua meta presentadas en dicionarios, gramáticas, outros manuais de referencia, etc.;
- os corpus de variedades específicas dunha lingua poden ser empregados para o ensino da segunda lingua para fins específicos; e
- co manexo de corpus, o alumno adquire un papel activo, de investigador que interpreta e analiza os datos para extraer regras gramaticais, os diferentes usos dun elemento léxico, etc.
McEnery, T. & Wilson, A. 1996. Corpus Linguistics. Edinburgh: Edinburgh University Press.
Murison-Bowie, S. 1996. "Linguistic Corpora and Language Teaching". Annual Review of Applied Linguistics 16: 182-199.
Reppen, R. 2010. Using Corpora in the Language Classroom. Cambridge: Cambridge University Press.
Wichman, A., Fligelstone, S., McEnery, T. y Knowles, G. 1997. Teaching and Language Corpora. Londres: Longman.