Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Novas tecnoloxías no ensino de linguas estranxeiras

Definición:

Durante algún tempo, os materiais audiovisuais, o casete, o vídeo e o retroproxector, xunto co laboratorio de idiomas, consideráronse como novas tecnoloxías na aprendizaxe de linguas estranxeiras. Neste momento, cando se fala de novas tecnoloxías neste campo, a maioría dos especialistas refírense ao uso dos programas informáticos multimedia, en moitos casos de carácter interactivo, así como ao uso da rede de comunicación mundial coñecida como internet.

Internet pódese definir como unha rede de comunicación global na que computadores situados en distintos lugares do mundo se conectan entre si por medio da liña telefónica. Internet abarca diversos xeitos de comunicarse: a World Wide Web (WWW), o correo electrónico, os blogs, as plataformas de xestión de cursos como Moodle, etc. No campo da aprendizaxe de linguas estranxeiras, a rede internet pode cumprir dúas funcións básicas:

  1. crear aulas e laboratorios globais nos que se poidan practicar as catro destrezas lingüísticas básicas, especialmente a comunicación escrita, grazas ao correo electrónico, as listas de correo, os faladoiros interactivos, etc.; e
  2. acceder a unha cantidade inxente de información que pode ser adaptada ás necesidades e intereses do alumno: bases de datos, dicionarios electrónicos, periódicos e revistas, cancións, xogos, etc.

Por todo iso, a rede pode axudar a minimizar a falta de acceso a materiais auténticos e, á vez, contribuír a estimular a motivación do alumno pola cultura e a lingua estranxeira.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Varela Pérez, J. R. 1999. “Internet e o ensino da lingua inglesa.” Revista Galega do Ensino 23: 249-264.

Warschauer, M. 1997. “Computer-Mediated Collaborative Learning: Theory and Practice.” The Modern Language Journal 81: 470-481.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Nuevas tecnologías en la enseñanza de lenguas extranjeras
Inglés: 
New technologies in the teaching of foreign languages
Francés: 
Nouvelles technologies dans l’enseignement des langues étrangères
Alemán: 
Neue Technologien im Fremdsprachenunterricht
Italiano: 
Nuove tecnologie nell'insegnamento delle lingue straniere
Polaco: 
Nowe technologie w nauczaniu języków obcych
Portugués: 
Novas tecnologias no ensino de línguas estrangeiras
Ruso: 
Новые технологии в преподавании иностранного языка
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/novas-tecnoloxias-ensino-linguas-estranxeiras, con data de acceso 15/09/2024).