Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Ensino programado

Definición:

A denominación “ensino programado” é un calco da expresión inglesa programmed instruction (PI). Ten a súa orixe na programación de grandes computadores electrónicos co fin de aproveitar as súas funcións no maior grao posible. Neste tipo de ensino é preciso anticipar o camiño ou camiños polos que se dirixirá cada estudante de acordo coas súas respostas. O ensino programado apóiase nos seguintes factores: aprendizaxe autodidacta, preguntas e respostas reducidas, resposta case inmediata ante o acerto ou o fallo do estudante e, en moitas ocasións, autocorrección por parte do mesmo suxeito. Normalmente os programas utilizados están organizados de forma lineal, aínda que en ocasións introdúcense ramificacións co fin de axustarse máis ás necesidades do alumnado. Estas ramificacións permiten en moitos casos que o estudante reforce aqueles contidos que entrañan maior dificultade e ignore aqueles outros que xa domina.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Decote, G. 1966. La enseñanza programada. Barcelona: Teide.

Green, E. J. 1965. El proceso de aprendizaje y la instrucción programada. Buenos Aires: Troquel.

Howatt, A. 1974. “Programmed Instruction”, en Allen, J. P. B. & Corder, S. P. (eds.). The Edinburgh Course in Applied Linguistics. Vol. 3. London: Oxford University Press, pp. 93-120.

Niervergelt, J., Ventura, A. & Hinterberger, H. 1986. Interactive Computer Programs for Education. Reading, Mass.: Addison-Wesley.

O’Shea, T. & Self, J. 1983. Learning and Teaching with Computers. Artificial Intelligence in Education. Englewood Hills: Prentice Hall.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Enseñanza programada
Inglés: 
Programmed instruction
Francés: 
Enseignement programmé
Alemán: 
Programmierter Unterricht
Italiano: 
Insegnamento programmato
Polaco: 
Nauczanie programowane
Portugués: 
Ensino programado
Ruso: 
Программированное обучение
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/ensino-programado, con data de acceso 26/04/2024).