Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Marco

Definición:

1. Contexto no que se encadran as situacións didácticas e que pode ser temporal, físico-espacial (centro e aula no que leva a cabo a docencia, recursos cos que conta, disposición dos pupitres e o material de estudo, etc.), e institucional (leis estatais ou autonómicas de ordenación dos sistemas de ensino, organización dos órganos de goberno do centro).

2. En ensino programado, elemento ou secuencia de elementos, como, por exemplo, unha pregunta ou un debuxo, que o profesor fornece ao alumnado co fin de que lle responda dun xeito determinado. Esta técnica correspóndese cun método didáctico baseado en principios condutistas. Os cursos de ensino programado seguen programas de estudo coidadosamente estruturados, nos que aparecen especificados os obxectivos que se pretenden conseguir en cada lección, o material didáctico empregado, e os temas preséntanse en unidades ou marcos (en inglés, frames) que se desenvolven en etapas progresivas. Neste tipo de ensino o alumnado pode controlar o seu propio progreso en cada unha das etapas das que se compón o curso. No ensino programado emprégase material audiovisual para apoiar as explicacións do profesor (gravadoras de son e de vídeo, laboratorio de idiomas, etc.). 

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Niervergelt, J., Ventura, A. & Hinterberger, H. 1986. Interactive Computer Programs for Education. Reading, Mass.: Addison-Wesley.

O’Shea, T. & Self, J. 1983. Learning and Teaching with Computers. Artificial Intelligence in Education. Englewood Hills: Prentice Hall.

Guión, esquema, escenario. ⇒ guión e esquema 1.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Hatch, E. M. & Brown, C. 1995. Vocabulary, Semantics and Language Education. Cambridge: Cambridge University Press.

Schank, R. C.& Abelson, R. P. 1977. Scripts, Plans, Goals and Understanding. Hillsdale, NJ: Lawrence Erlbaum, 1977.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Marco
Inglés: 
Framing
Francés: 
Cadre
Alemán: 
Armen
Italiano: 
Interlaiatura
Polaco: 
Kadrowanie
Portugués: 
Enquadramento
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/marco, con data de acceso 25/04/2024).