Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Materiais de ensino multimedia

Definición:

Aplicacións informáticas empregadas na aprendizaxe de linguas asistida por computador nos que se adoitan combinar textos, fotografías, gráficos animados e secuencias de audio e vídeo. O rápido desenvolvemento e a popularización da informática nos últimos anos deu un grande impulso á edición deste tipo de programas en CD para a súa utilización por medio do computador persoal. Entre as vantaxes deste tipo de materiais cómpre destacar a súa capacidade para crear entornos de aprendizaxe máis auténticos e estimulantes que os materiais tradicionais, grazas ao seu carácter interactivo, á enorme riqueza de estímulos que conteñen e, sobre todo, á rapidez de acceso á información e á interconexión entre as distintas fontes de información. A gran flexibilidade do entorno dixital converte ademais a estes materiais nunha ferramenta que se adapta aos máis diversos estilos de aprendizaxe e ofrece múltiples posibilidades para a aprendizaxe autónoma.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Hardisty, D. & Windeatt, S. 1989. CALL. Oxford: Oxford University Press.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Materiales de enseñanza multimedia
Inglés: 
Courseware
Francés: 
Courseware
Alemán: 
Lernsoftware
Italiano: 
Materiali didattici multimediali
Polaco: 
Program edukacyjny
Portugués: 
Material didático multimédia
Ruso: 
Учебный материал
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/materiais-ensino-multimedia, con data de acceso 04/10/2024).