Kellerman, E. 1985. “If at First you Do Succeed.”, in Gass, S. & Madden, C. (eds.). Input in Second Language Acquisition. Rowley, Mass.: Newbury House, pp. 345-354.
Tipo de comportamento que mostran os alumnos dunha lingua estranxeira cando ao principio da súa aprendizaxe producen unha forma da lingua meta, posteriormente retornan á propia da interlingua e finalmente volven producir a forma da lingua meta. Este proceso tería o aspecto gráfico dunha U, polo que se denomina comportamento en forma de U. Un exemplo que se adoita citar é o estudo de Kellerman con estudantes holandeses de inglés. Nas súas primeiras fases de adquisición da lingua, os estudantes aprenderon a utilizar o verbo break tanto no seu uso transitivo (John broke the vase) como ergativo (the vase broke), unha dobre construción que igualmente admite o verbo equivalente en neerlandés. A medida que adquirían un maior dominio de estruturas complexas da lingua meta, os estudantes empezaron a descartar o uso ergativo, que posiblemente identificaban como unha construción froito da interferencia da L1. Este efecto tendía a reducirse co tempo e cunha maior exposición á lingua estranxeira, ata volver utilizar con naturalidade as dúas estruturas do inglés adquiridas orixinalmente.