Wilkins, D. A. 1976. Notional Syllabuses. Oxford: Oxford University Press.
Forma lingüística que constitúe o soporte dunha determinada función comunicativa ou acto de fala. Pode tratarse dunha palabra, unha frase, unha expresión, unha estrutura, etc. Así, por exemplo, a función comunicativa pedir desculpas en galego pódese realizar, entre outros, mediante os expoñentes lingüísticos seguintes: Síntoo; Non foi a miña intención; Ten que perdoar; Perdón; Desculpe; Prego acepte as miñas desculpas; etc.
Entradas relacionadas:
Bibliografía: