Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Explicación

Definición:

En investigación cuantitativa, a explicación é o principal obxectivo; preténdese chegar a formular unha proposición sobre as relacións de causalidade existentes entre os fenómenos obxecto de estudo, integrándoa posteriormente nun esquema máis amplo (o marco teórico). O enfoque cuantitativo contrasta así co cualitativo, que centra o seu interese non na explicación, senón na interpretación dos fenómenos.

Dentro do estudo de segundas linguas, a explicación é tamén un dos obxectivos da investigación. Intenta descubrir como os falantes desenvolven o seu coñecemento e o empregan para a comunicación. Existe ademais un segundo obxectivo, que tamén adoita destacarse: a descrición, que se centra no estudo da competencia lingüística.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Bisquerra Alzina, R. 1989. Métodos de investigación educativa. Guía práctica. Barcelona: CEAC.

En métodos de ensino de linguas, como o método da gramática e a tradución, denomínase explicación á presentación ou exposición por parte do profesor daqueles puntos ou aspectos obxecto de aprendizaxe.

Bibliografía: 

Richards, J. C. & Rodgers, T. S. 1986. Approaches and Methods in Language Teaching: A Description and Analysis. Cambridge: Cambridge University Press.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Explicación
Inglés: 
Explanation
Francés: 
Explication
Alemán: 
Erklärung
Italiano: 
Spiegazione
Polaco: 
Wyjaśnienie
Portugués: 
Explicação
Ruso: 
Объяснение
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/explicacion, con data de acceso 09/10/2024).