Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Enfoque procesual da expresión escrita

Definición:

enfoque do ensino da expresión escrita que xorde na década de 1970 nos EEUU como reacción contra os enfoques de ensino da escritura centrados na forma, na imitación de modelos e no produto final. Este novo enfoque fai fincapé non só no produto final, senón no propio proceso que se segue ao escribir. Este proceso deberá permitirlle ao alumnado ser quen de crear e descubrir novos significados máis que anotar ideas preconcibidas. Insístese na colaboración entre os alumnos á hora da planificación e redacción de borradores, a reescritura, a discusión en clase e a chuvia de ideas, a corrección realizada polos propios compañeiros, etc. O papel do profesorado é o de facilitarlle ao estudante o desenvolvemento de estratexias co fin de xerar ideas para a redacción, así como revisar e editar o xa escrito. 

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Grabe, W. & Kaplan, R. B. 1996. Theory and Practice of Writing. London: Longman.

White, R. & Arndt, V. 1991. Process Writing. London: Longman.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Enfoque procesual de la expresión escrita
Inglés: 
Process approach to writing
Francés: 
Approche de l'expression écrite axée sur le processus
Alemán: 
Prozessorientiertes Schreiben
Italiano: 
Approccio all'espressione scritta basato sul processo
Portugués: 
Abordagem processual da escrita
Ruso: 
Процессный подход к письму
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/enfoque-procesual-expresion-escrita, con data de acceso 14/09/2024).