Prado, D. 1986. El torbellino de ideas: hacia una enseñanza más participativa. Madrid: Cincel-Kapelusz, D. L.
Debate libre e relativamente carente de estrutura acerca dun tema proposto como medio para xerar ideas. A chuvia de ideas serve como potenciador de pensamentos, iniciativas e suxestións entre un grupo de estudantes, profesores etc., e moitas veces como primeiro paso para a preparación doutra actividade. Cada membro do grupo aporta os seus puntos de vista, ás veces incoherentes e desordenados, para levar a cabo un proxecto grupal ou profesional.
Crese que a chuvia de ideas estimula e desenvolve a creatividade, pois xera un meirande número de pensamentos, máis flexibilidade e orixinalidade. Ademais, crea un clima grupal de confianza e tolerancia, e promove a libre expresión e a cohesión dentro do grupo. Por outra banda, dificulta tamén o comportamento individualista e disruptivo.
De acordo con Prado (1986, 1987), grazas á chuvia de ideas na aula os estudantes melloran o seu vocabulario activo, escriben composicións máis interesantes, tratan ao profesor como a un compañeiro, son fonte de coñecementos e experiencias, teñen máis iniciativa e sentido do humor, traballan activamente en grupo, e desenvolven a capacidade de pensar por si mesmos.
Prado, D. 1987. Enseñar-aprender (con) torbellino de ideas. Santiago de Compostela: Lubricán.