Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Choque cultural

Definición:

O concepto ten a súa orixe no mundo da antropoloxía, onde foi acuñado por Oberg (1960). O choque cultural é o impacto emocional e cognitivo que pode experimentar unha persoa ao tratar de integrarse nunha cultura distinta da súa. Adoita darse, por exemplo, no proceso de aprendizaxe dunha lingua estranxeira en condicións de inmersión na comunidade de fala estranxeira, durante un período de tempo que pode durar ata que o estudante se adapta á nova cultura. Na literatura especializada é habitual describir este proceso de adaptación como unha curva en forma de U.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Furham, A., Ward, C. & Bochner, S. 2001. The Psychology of Culture Shock. Hove: Routledge.

Rivers, W. M. 1981. Teaching Foreign Language Skills. Chicago: University of Chicago Press. 2nd edition.

Schumann, J. 1978. The Pidginization Process: A Model for Second Language Acquisition. Rowley, MA: Newbury House.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Choque cultural
Inglés: 
Culture shock
Francés: 
Choc culturel
Alemán: 
Kulturschock
Italiano: 
Shock culturale
Polaco: 
Szok kulturowy
Portugués: 
Choque cultural
Ruso: 
Культурный шок
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/choque-cultural, con data de acceso 13/10/2024).