Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Lingua estranxeira

Definición:

Lingua que non é a nativa ou propia dun país pero que se ensina / aprende como materia nas súas escolas. O seu emprego restrínxese xeralmente á comunicación internacional e ao manexo de documentación escrita. Os termos lingua estranxeira e segunda lingua empréganse indistintamente en determinados ámbitos académicos. No entanto, noutros existe unha clara diferenza: unha lingua estranxeira é a que se ensina / aprende en determinadas instancias do ámbito educativo dun país, pero que non chega a empregarse como lingua de comunicación. O inglés, por exemplo, pode describirse como lingua estranxeira en España. Pola contra, unha segunda lingua é a que se emprega con certa asiduidade como lingua de comunicación sen ser a lingua nativa dun país; este sería o caso do francés en Marrocos.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Davies, A. 1991. The Native Speaker in Applied Linguistics. Edinburgh: Edinburgh University Press.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Lengua extranjera
Inglés: 
Foreign language
Francés: 
Langue étrangère
Alemán: 
Fremdsprache
Italiano: 
Lingua straniera
Polaco: 
Język obcy
Portugués: 
Língua estrangeira
Ruso: 
Иностранный язык
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/lingua-estranxeira, con data de acceso 20/04/2024).