Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Comunidade de fala

Definición:

Conxunto de persoas que viven nunha mesma área, localidade, rexión, etc., e interactúan con frecuencia por medio dun repertorio de variedades e unhas normas de uso compartidas que os diferencian doutras agrupacións humanas circundantes. Segundo Hymes, este conxunto de falantes diferénciase dos outros por compartir unhas determinadas regras da fala e unhas interpretacións do uso lingüístico. Na sociolingüística do ámbito hispánico adoita diferenciarse este concepto do de comunidade lingüística.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Hymes, D. (ed.) 1971. Pidginization and Creolization of Languages. Cambridge: Cambridge University Press.

Hymes, D. 1972. “Models of Interaction of Language and Social Life”, in Gumperz, J. J. & Hymes, D. (eds.). Directions in Sociolinguistics. The Ethnography of Communication. New York: Holt, Rinehart & Winston, pp. 53-75.

Hymes, D. 1989. Foundations in Sociolinguistics: An Ethnographic Approach. Philadelphia: University of Pennsylvania.

López Morales, H. 1993. Sociolingüística. Madrid: Gredos. 2ª edición.

Wardhaugh, R. 1986. An Introduction to Sociolinguistics. Oxford: Blackwell, 1992.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Comunidad de habla
Inglés: 
Speech community
Francés: 
Communauté de langage
Alemán: 
Sprechergemeinschaft
Italiano: 
Comunità linguistica
Polaco: 
Społeczność językowa
Portugués: 
Comunidade linguística
Ruso: 
Языковое сообщество
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/comunidade-fala, con data de acceso 19/04/2024).