Brown, J. D. 1988. Understanding Research in Second Language Learning: A Teacher’s Guide to Statistics and Research Design. Cambridge: Cambridge University Press.
Tamén chamado Xi cadrado ou Khi cadrado.
En estatística, proba non paramétrica que permite comprobar se existen diferenzas significativas entre as frecuencias dos valores dunha variable observadas nunha mostra e as frecuencias esperadas que se postulan como válidas para toda a poboación a través dunha hipótese. Outra aplicación da proba chi cadrado é a verificación dunha posible correlación ou dependencia entre dous fenómenos, por exemplo, se a actitude positiva ou negativa dos pais cara ao estudo dunha lingua estranxeira inflúe no feito de que os seus fillos se matriculen ou non en cursos desa lingua. Outro exemplo consistiría en comprobar se existe algunha relación ou diferenza significativa entre o sexo dos estudantes que elixen unha segunda lingua e a súa motivación (instrumental ou integradora); dese xeito poderíase observar que, por exemplo, a motivación integradora se correlaciona con máis frecuencia coas alumnas, é dicir, que dita motivación é pertinente para un maior número de mozas que de mozos. A proba chi cadrado pódese utilizar tanto con datos cuantitativos (por exemplo, as puntuacións obtidas nun exame) como con datos cualitativos (por exemplo, a pertenza a un grupo social).
Butler, C. 1985. Statistics in Linguistics. Oxford: Blackwell.
Eddington, D. 2015. Statistics for Linguists: a Step-by-Step Guide for Novices. Newcastle upon Tyne: Cambridge Scholars Publishing.
Lowie, W. & Seton, B. 2013. Essential Statistics for Applied Linguistics. London: Palgrave.
Nortes Checa, A. 1991. Estadística teórica y aplicada. Barcelona: DM/PPU.