Butler, C. 1985. Statistics in Linguistics. Oxford: Blackwell.
En estatística, nome xenérico que reciben un conxunto de probas de significación estatística que serven para comprobar se as frecuencias observadas nun conxunto de datos difiren dunhas hipotéticas frecuencias esperadas, ou para comprobar a posible dependencia entre dúas variables. Adoitan empregarse para traballar tanto con variables nominais coma ordinais. As probas non paramétricas non asumen unha forma específica para as distribucións nin para as características da poboación, polo que son aplicables en moitas situacións prácticas. Con todo, tampouco teñen en conta as magnitudes absolutas de cada observación, polo que o seu poder discriminatorio é menor que o das probas paramétricas. Exemplos de probas non paramétricas son a proba chi-cadrado e a proba U de mann-whitney.
Eddington, D. 2015. Statistics for Linguists: a Step-by-Step Guide for Novices. Newcastle upon Tyne: Cambridge Scholars Publishing.
Woods, A., Fletcher, P. & Hughes, A. 1986. Statistics in Language Studies. Cambridge: Cambridge University Press.