Brown, J. D. 1988. Understanding Research in Second Language Learning: A Teacher’s Guide to Statistics and Research Design. Cambridge: Cambridge University Press.
En estatística, tipo de proba non paramétrica utilizada para determinar a significación estatística das diferenzas observadas entre dous conxuntos de datos. En primeiro lugar ordénanse xerarquicamente de menor a maior os valores observados nas dúas mostras e asígnanse rangos (por exemplo, ao valor menor correspóndelle rango un, ao seguinte rango dous, e así sucesivamente). A continuación compróbase se existen diferenzas significativas entre as medidas de tendencia central do conxunto de rangos correspondentes a cada mostra, o cal sucede se os valores de cada unha delas tenden a localizarse en distintas zonas da xerarquía. Para calcular a significación hanse achar uns determinados valores U e U', tendo en conta o número de observacións de cada mostra e a suma dos seus postos xerárquicos, e o menor dos dous valores haberase de comparar co valor crítico que lle corresponda nunha táboa específica.
Butler, C. 1985. Statistics in Linguistics. Oxford: Blackwell.
Eddington, D. 2015. Statistics for Linguists: a Step-by-Step Guide for Novices. Newcastle upon Tyne: Cambridge Scholars Publishing.
Woods, A., Fletcher, P. & Hughes, A. 1986. Statistics in Language Studies. Cambridge: Cambridge University Press.