Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Proba Z

Definición:

En estatística, tipo de proba paramétrica que se utiliza para determinar o grao de significación estatística das diferenzas entre as medias de dous conxuntos de datos. Utilízase cando as mostras son amplas (de máis de 30 individuos aproximadamente) e independentes (isto é, non correlacionadas). Opera coa media, a desviación típica e o número de individuos de cada mostra. Unha vez calculado o valor de Z, compararase co valor crítico de Z obtido dunha curva de distribución normal. A hipótese nula sostén que a diferenza entre medias non é significativa e será rexeitada se o valor obtido na proba Z excede o valor crítico. Compárese coa proba paramétrica T.

Bibliografía: 

Bachman, L. F. 1990. Fundamental Considerations in Language Testing. Oxford: Oxford University Press.

Butler, C. 1985. Statistics in Linguistics. Oxford: Blackwell.

Eddington, D. 2015. Statistics for Linguists: a Step-by-Step Guide for Novices. Newcastle upon Tyne: Cambridge Scholars Publishing.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Prueba Z
Inglés: 
Z-Test
Francés: 
Épreuve Z
Alemán: 
Z-Test
Italiano: 
Test Z
Portugués: 
Teste Z
Ruso: 
Z-тест
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/proba-z, con data de acceso 13/10/2024).