Butler, C. 1985. Statistics in Linguistics. Oxford: Blackwell.
En estatística, nome xenérico dalgunhas probas de significación estatística empregadas cando se traballa con variables de intervalo ou de proporción. Unha proba paramétrica ten en conta a magnitude absoluta de cada observación, polo que resulta axeitada para detectar pequenas diferenzas reais. Este tipo de probas adoitan asumir que os datos proceden de distribucións normais, e ás veces tamén requiren que as poboacións teñan aproximadamente a mesma varianza. A proba Z e a proba T son exemplos de probas paramétricas. Ambas se utilizan para comprobar a significación das diferenzas entre dúas medias de mostras independentes.
Eddington, D. 2015. Statistics for Linguists: a Step-by-Step Guide for Novices. Newcastle upon Tyne: Cambridge Scholars Publishing.