Bachman, L. F. 1990. Fundamental Considerations in Language Testing. Oxford: Oxford University Press.
En estatística, proba paramétrica que se emprega para determinar a significación da diferenza entre as medias de dúas mostras independentes, cando estas non son amplas (compárese coa proba Z). A proba T asume que as mostras posúen unha distribución normal e varianzas similares, e opera cos valores das medias e co erro típico da diferenza entre medias. Se o valor calculado de T é maior ou igual ao valor crítico, a diferenza entre as medias será significativa, é dicir, será suficiente para rexeitar a hipótese nula de que as medias das súas poboacións respectivas non difiren.
Butler, C. 1985. Statistics in Linguistics. Oxford: Blackwell.
Eddington, D. 2015. Statistics for Linguists: a Step-by-Step Guide for Novices. Newcastle upon Tyne: Cambridge Scholars Publishing.
Lowie, W. & Seton, B. 2013. Essential Statistics for Applied Linguistics. London: Palgrave.