Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Distribución Z

Definición:

En estudos estatísticos, trabállase ás veces con varias mostras distintas ao mesmo tempo, por exemplo, tres grupos de estudantes de 6, 10 e 13 anos. Os datos obtidos en cada grupo terán a súa distribución, e adoita ser necesario un estudo comparativo dos valores correspondentes á súa tendencia central e á súa dispersión (media, mediana, desviación típica, etc.). Con frecuencia, préstase especial atención á comparación de medias, por exemplo, as puntuacións medias obtidas por tres grupos nun exame final ou por un grupo en tres exames distintos. Cando os valores son medias de mostras, a súa curva de distribución coñécese como distribución mostral de medias, e adopta aproximadamente a forma dunha distribución normal. Unha distribución Z é a distribución da diferenza de medias mostrais, é dicir, aquela na que os valores son as diferenzas entre pares de medias de mostras amplas (por exemplo, primeiro valor: media A menos media B; segundo valor: media C menos media D; etc.). Como calquera outra distribución, terá unha curva representativa, unha media, unha desviación típica (denominada erro típico da diferenza entre medias) e outras medidas de tendencia central e de dispersión.

Bibliografía: 

Brown, J. D. 1988. Understanding Research in Second Language Learning: A Teacher’s Guide to Statistics and Research Design. Cambridge: Cambridge University Press.

Eddington, D. 2015. Statistics for Linguists: a Step-by-Step Guide for Novices. Newcastle upon Tyne: Cambridge Scholars Publishing.

Nortes Checa, A. 1991. Estadística teórica y aplicada. Barcelona: DM/PPU.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Distribución Z
Inglés: 
Z Distribution
Francés: 
Distribution Z
Alemán: 
Z-Verteilung
Italiano: 
Distribuzione Z
Polaco: 
Dystrybucja Z
Portugués: 
Distribuição Z
Ruso: 
Дистрибуция Z
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/distribucion-z, con data de acceso 07/12/2024).