Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Datos cualitativos

Definición:

Datos que non se expresan en forma de valores numéricos, senón mediante palabras ou imaxes, tales como os que se obteñen nunha sesión de observación de aula ou nunha entrevista. Normalmente, en toda investigación de ensino ou aprendizaxe dunha segunda lingua inclúense datos non só cualitativos, senón tamén cuantitativos, xa que os primeiros resultan difíciles de manexar a nivel estatístico. En moitos casos, os datos recollidos de forma cualitativa poden transformarse en datos cuantitativos, é dicir, convértense en números que representan unha cantidade ou unha posición nunha xerarquía.

Os datos cualitativos proveñen tipicamente de traballos de campo, e recompílanse por medio de tres tipos de actividades: entrevistas, observación directa (por exemplo, unha sesión de observación de aula) e revisións de documentos escritos, tales como diarios ou informes.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Bogdan, R. C. & Bicklen, S. K. 1992. Qualitative Research for Education. An Introduction to Theory and Models. Boston: Allyn and Bacon. 2nd edition.

Friedman, D. A. 2012. "How to collect and analyze qualitative data", in Mackey, A. & Gass, S.M. (eds.). Research Methods in Second Language Acquisition. A Practical Guide. Chichester: John Wiley & Sons, Ltd., pp. 180-200.

Gass, S. & Mackey, A. 2011. Data Elicitation for Second and Foreign Language Research. New York: Routledge.

Patton, M. Q. 2015. Qualitative Research and Evaluation Methods: Integrating Theory and Practice. Thousand Oaks, CA: Sage. 4th edition.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Datos cualitativos
Inglés: 
Qualitative data
Francés: 
Données qualitatives
Alemán: 
Qualitative Daten
Italiano: 
Dati qualitativi
Polaco: 
Dane jakościowe
Portugués: 
Dados qualitativos
Ruso: 
Качественные данные
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/datos-cualitativos, con data de acceso 15/09/2024).