Kvale, S. 1996. Interviews. An Introduction to Qualitative Research Interviewing. Thousand Oaks; London: Sage.
técnica de recollida de datos que implica a interacción verbal entre polo menos dúas persoas. Pódese empregar como instrumento de investigación cunha gran cantidade de propósitos: avaliar un curso, obter información sobre as actitudes, preferencias e motivacións do alumno, realizar unha análise de necesidades, recoller datos sobre as estratexias de aprendizaxe utilizadas polos estudantes, etc.
As entrevistas pódense levar a cabo de forma individual ou en pequenos grupos en función dos obxectivos e da dispoñibilidade de tempo dos entrevistadores. Así mesmo, o seu formato pode variar de forma considerable desde unha estrutura máis ou menos pechada ata outra cunha maior flexibilidade. O formato da entrevista adoita elixirse en función dos datos que se queiran obter. Finalmente, é importante sinalar que á hora de deseñar unha entrevista é necesario ter en conta a posterior análise de datos; ou en caso contrario, podémonos atopar cunha gran cantidade de información que non somos quen de procesar e analizar. En liñas xerais pódese afirmar que as entrevistas máis abertas, é dicir, as menos estruturadas, son as máis difíciles de analizar e interpretar pola gran cantidade de variables distintas que nos podemos atopar.
Powney, J. & Watts, M. 1987. Interviewing in Educational Research. London: Routledge.
Richardson, S., Dohrenwend, B. S. & Klein, D. 1965. Interviewing: Its Forms and Functions. New York: Basic Books.
Talmy, S. & Richards, K. 2011. "Theorizing Qualitative Research Interviews in Applied Linguistics". Applied Linguistics 32/1: 1-5.
Talmy, S. 2010. "Qualitative Interviews in Applied Linguistics: From Research Instrument to Social Practice". Annual Review of Applied Linguistics 30: 128-148.