Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Datos cuantitativos

Definición:

Datos que se presentan en forma de números, porcentaxes e cifras, obtidos a través do reconto e a medición, por exemplo, as puntuacións dun grupo de alumnos nun exame, a orde xerárquica dos mesmos de acordo con esas puntuacións, ou o número de estudantes que posúen un atributo común (idade, sexo, clase social). Os datos cuantitativos poden ser tomados directamente ou se poden desprender dos datos cualitativos. Por exemplo, as respostas dun conxunto de estudantes á pregunta Por que estudas alemán?, tendo como posibles respostas:

  1. Para aprobar,
  2. Para viaxar a Alemaña,
  3. Porque me gusta,
  4. Porque teño amigos alemáns,

poden utilizarse para dividir aos devanditos estudantes en dous grupos de acordo coa súa motivación (instrumental ou integradora), convertendo dese modo os seus comentarios en datos numéricos. Co fin de facilitar o reconto e a análise, é posible dispoñer os datos cuantitativos en matrices, isto é, en forma de táboas de valores.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Bogdan, R. C. & Bicklen, S. K. 1992. Qualitative Research for Education. An Introduction to Theory and Models. Boston: Allyn and Bacon. 2nd edition.

Brown, J. D. 1988. Understanding Research in Second Language Learning: A Teacher’s Guide to Statistics and Research Design. Cambridge: Cambridge University Press.

Gass, S. & Mackey, A. 2011. Data Elicitation for Second and Foreign Language Research. New York: Routledge.

Correspondencia noutros idiomas
Galego: 
Datos cuantitativos
Inglés: 
Quantitative data
Francés: 
Données quantitatives
Alemán: 
Quantitative Daten
Italiano: 
Dati quantitativi
Polaco: 
Dane ilościowe
Portugués: 
Dados quantitativos
Entrada anterior / seguinte:

Cómo citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/datos-cuantitativos, con data de acceso 21/09/2020).