Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Mapa conceptual

Definición:

Gráfico que adopta normalmente o formato dun conxunto de recadros ou burbullas, e que representa as relacións existentes entre unha serie de conceptos. Normalmente, a idea principal ocupa o lugar central e arredor dela vanse configurando todas as demais. Como recurso didáctico adóitase utilizar no ensino do vocabulario co fin de agrupar termos que teñen conexións nos seus significados. Os mapas conceptuais son tamén útiles como técnica de estudo xa que permiten recordar contidos con maior facilidade. Así mesmo, pódense utilizar a modo de guión para o desenvolvemento dunha tarefa de expresión oral ou escrita co fin de ordenar e organizar os distintos puntos que se queren incluír.

A modo de exemplo presentamos o seguinte construído arredor do concepto de “medios de comunicación”.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

McCarthy, M. & O’Dell, F. 1994. English Vocabulary in Use. Cambridge: Cambridge University Press.

McCarthy, M. 1990. Vocabulary. Oxford: Oxford University Press.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Mapa conceptual
Inglés: 
Conceptual map
Francés: 
Carte conceptuelle
Alemán: 
Assoziogramm
Italiano: 
Mappa concettuale
Polaco: 
Maja pojęciowa
Portugués: 
Mapa conceptual
Ruso: 
Концептуальная карта
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/mapa-conceptual, con data de acceso 04/10/2023).