Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Técnica de estudo

Definición:

Tamén método de estudo.

Conxunto de habilidades e estratexias empregadas de xeito consciente polo alumnado durante a realización de actividades de comprensión oral, expresión oral e expresión escrita. Ás veces, o alumnado precisa ser adestrado ou alomenos ilustrado nestas técnicas de estudo. As más utilizadas na aprendizaxe dunha segunda lingua son as seguintes:

  1. axustar ou adaptar a velocidade lectora ao tipo de texto que se está a ler;
  2. empregar o dicionario de forma correcta;
  3. deducir os significados das palabras a partir do contexto;
  4. interpretar gráficos, diagramas e símbolos;
  5. subliñar as palabras, expresións e conceptos de máis relevancia; e
  6. tomar notas e facer esquemas e resumos.

Os estudantes que se preparan para certos exames precisan desenvolver estas habilidades, ademais doutras, como técnicas de memorización ou estratexias para empregar o tempo de xeito adecuado cando contestan ás preguntas que se lles formulan.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Cottrell, S. 2003. The Study Skills Handbook. Hampshire: Palgrave MacMillan. 2nd edition. 

Hutchings, M. 1996. Study Skills- Study and Teaching (Elementary)- Great Britain. Leamington Spa: Scholastic.

Price, J. & Turner, C. 1990. Study Skills. Bath: Bath College of Higher Education.

Wallace, M. J. 1980. Study Skills. Cambridge: Cambridge University Press.

Yorkey, R. 1982. Study Skills for Students of English. New York: McGraw Hill.

Correspondencia noutros idiomas
Galego: 
Técnica de estudo
Inglés: 
Study skill
Francés: 
Technique d'étude
Alemán: 
Lerntechnik
Italiano: 
Tecnica di studio
Portugués: 
Competências de estudo
Entrada anterior / seguinte:

Cómo citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/tecnica-estudo, con data de acceso 08/12/2019).