Nuttall, C. 2000. Teaching Reading Skills in a Foreign Language. London: Heinemann. New edition.
En inglés esta abreviatura significa Survey -Question - Read - Recite - Review (“Análise - Pregunta - Lectura - Recitado - Repaso”). Basicamente, é unha técnica de preparación para o estudo independente que supón un certo estilo de lectura e a toma de notas. Consta das seguintes fases:
- Análise (Survey). O estudante olla e analiza o capítulo fixándose nos encabezamentos, os debuxos, os resumos, etc., para extraer unha idea xeral deles.
- Pregunta (Question). O estudante converte os encabezamentos e subtítulos en preguntas.
- Lectura (Read). O estudante le con coidado para atopar as respostas ás preguntas, subliña aquelas partes que lle resultaron máis difíciles e comproba que non pasou por alto nada relevante.
- Recitar (Recite). O estudante, sen mirar o capítulo, tenta lembrar as ideas principais, repetíndoas para si mesmo. Esta acción axuda ao lector a memorizar as respostas. O esencial desta fase é procesar de novo as ideas principais do texto.
- Repaso (Review). O estudante repasa o texto e detense nas seccións suliñadas para ver se xa as pode entender. Ao mesmo tempo ten que organizar a información, pensando na súa posible interrelación con outros contidos e experiencias. O obxectivo será entón procesar a información e integrala nos coñecementos e experiencias xa adquiridas. Pódese realizar a revisión un pouco despois das fases anteriores, xa que serve para a súa consolidación.
Ademais de fomentar a lingua como eixo transversal do currículo, esta técnica favorece a interacción e mellora as capacidades de lectura e estudo nos estudantes menos avantaxados.
Entradas relacionadas:
Bibliografía: