Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Tecnoloxía educativa

Definición:

Material informático e audiovisual empregado como instrumento de ensino, por exemplo, computadores e programas de computador, televisores, reprodutores e cintas de audio ou vídeo, etc. 

Entradas relacionadas: 

Termo que fai referencia ao estudo de diversos métodos e teorías de análise, selección, planificación, control e administración do proceso educativo, así como á súa aplicación práctica para a mellora do devandito proceso. Así pois, a tecnoloxía educativa abrangue todo o relacionado co desenvolvemento curricular (aspectos de carácter teórico e administrativo):

  1. establecemento de obxectivos didácticos;
  2. selección e avaliación dos modelos, estratexias e técnicas de ensino;
  3. organización da materia e programación de actividades;
  4. selección e análise de materiais didácticos, instrumentos educativos e centros docentes;
  5. selección de persoal docente e de apoio, así como avaliación da súa actuación; e
  6. supervisión / titoría e avaliación da actuación do alumno.

A tecnoloxía educativa como eido de investigación avanzou de xeito singular nos últimos anos e viuse influída polo desenvolvemento doutros eidos de estudo, tales como a análise de sistemas, a psicoloxía educativa, as diferentes teorías educativas centradas en torno ao alumno, a teoría das comunicacións, a análise de destrezas e a aprendizaxe programada, así como pola evolución e perfeccionamento dos distintos medios de comunicación (informáticos e audiovisuais).

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Cabero Almenara, J. (coord.). 1999. Tecnología educativa. Madrid: Síntesis.

Leedham, J. & Gibson, T. 1973. Educational Technology: A First Look. London: Pitman.

Nickson, M. 1971. Educational Technology: A Systematic Approach for Teachers. London: Ward Lock Educational.

Rowntree, D. 1982. Educational Technology in Curriculum Development. London: Harper and Row.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Tecnología educativa
Inglés: 
Educational technology
Francés: 
Technologie éducative
Alemán: 
Lerntechnologie
Italiano: 
Tecnologia per l'istruzione
Portugués: 
Tecnologia educativa
Ruso: 
Образовательные технологии
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/tecnoloxia-educativa, con data de acceso 04/10/2024).