Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Programación

Definición:

Rexistro escrito do desenvolvemento dunha unidade didáctica, co propósito de obter unha visión clara do que o docente pensa ensinar na clase. Unha programación ben elaborada supón un instrumento pedagóxico de suma importancia para o profesor, pois lle axuda a reflexionar e decidir que é o que vai facer e como. Algúns docentes consideran útil revisar a mesma logo da clase co fin de avaliar o que se fixo e comprobar ata que punto se acadaron os obxectivos propostos en cada etapa da clase. As programacións poden ser de carácter semanal ou diario, podendo variar na forma en que están escritas, segundo as preferencias e experiencia de cada docente: desde apuntes detallados que conteñen os obxectivos de cada etapa, ata un esquema curto das actividades a realizar. Unha programación dunha unidade didáctica debe polo menos incluír os seguintes apartados:

  1. Obxectivos. O que o profesor pensa ensinar e o que espera que os estudantes aprendan ao final da clase.
  2. Procedementos. Fases ou etapas da unidade para poder lograr os obxectivos anteriores. É preciso ter en conta a orde que se vai a seguir, así como o tempo aproximado previsto para cada unha delas.
  3. Actividades para cada etapa.
  4. materiais didácticos: encerado, reprodutor de CD e DVD, retroproxector, computador, fotografías, fichas e exercicios elaborados polo propio docente e/ou os alumnos, etc.
  5. Información sobre o alumno: nivel da clase e os coñecementos previos que se considera que teñen os alumnos.
  6. Problemas que se poden anticipar, é dicir, reflexionar un pouco sobre aquilo que podería saír dunha forma distinta ao previsto. Algúns estudantes, por exemplo, poden terminar as tarefas antes que outros ou o tempo de realización dunha actividade pode ser menor do que se pensaba nun principio.

Unha programación debería servir como guía para o profesor e non converterse nun conxunto de regras fixas. Un bo docente sabe estar aberto ás posibles incidencias e cambios que poidan xurdir ao longo da clase e adaptarse a eles sen perder por completo o obxectivo e dirección da mesma.

A continuación presentamos unha ficha sinxela que poder servir como modelo de programación.



PROGRAMACIÓN

Libro de texto: __________________________

Unidade: _______________________________

Data: ________________________________

Grupo: ________________________________

Obxectivos xerais: __________________________________________________________

Temporalización:______________________________________________________________

Actividade

Contexto

Materiais

Expoñentes lingüísticos

Destrezas

Tempo necesario

Problemas que se anticipan

Coñecementos previos dos estudantes

Deberes / Traballo do alumno na casa

Comentarios sobre o desenvolvemento da unidade

Actividades de reforzo

Avaliación do alumno e do desenvolvemento da unidade

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Doff, A. 1988. Teach English: A Training Course for Teachers. Cambridge: Cambridge University Press.

Estaire, S. & Zanón Gómez, J. 1990. “El diseño de unidades didácticas mediante tareas. Principios y desarrollo.” Comunicación, Lenguaje y Educación 7: 35-57.

Estaire, S. 1990. “La programación de unidades didácticas a través de tareas.” Cable 5: 28-39.

Gower, R., Phillips, D. & Walters, S. 1995. Teaching Practice Handbook. Oxford: Heinemann.

Ur, P. 1996. A Course in Language Teaching – Practice and Theory. Cambridge: Cambridge University Press.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Programación
Inglés: 
Lesson plan
Francés: 
Programmation
Alemán: 
Unterrichtsplanung
Italiano: 
Programmazione della lezione
Portugués: 
Planificação
Ruso: 
Учебный план
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/programacion, con data de acceso 04/10/2024).