Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Programación neurolingüística

Definición:

Tamén PNL.

Conxunto de modelos e técnicas utilizadas na comunicación co fin de transformar determinadas condutas e pensamentos. Este concepto foi definido por primeira vez por John Grinder e Richard Bandler na década dos anos 70 do século XX. Partindo dos fundamentos da teoría construtivista, o PNL considera que o ser humano non opera de xeito directo sobre o mundo real en que se move, senón que o fai a través de modelos, representacións e mapas que lle serven como base para xerar a súa conduta. A modo de exemplo, un paciente cunha fobia ás alturas pode lograr superala ao asumir que iso é posible; a persoa toma o control da súa evolución e faise consciente de que o que considera real redúcese ao seu modelo de realidade.

Desde o punto de vista do ensino e aprendizaxe, este modelo pode axudar aos docentes a eliminar as dificultades que poida ter o alumnado e que se manifestan en forma de bloqueos. O docente debe aprender a non xulgar nin valorar negativamente, senón a entender e ser entendido, aprendendo a programar para o éxito. Para conseguilo, o docente pode utilizar unha serie de técnicas entre as que destacan:

  1. as metáforas (relatos, exemplos, chistes);
  2. unha boa relación cos alumnos, xa que se existe harmonía, a comunicación flúe;
  3. ancoraxe ou proceso que permite que un estímulo externo, como un xesto ou unha palabra, se asocie coa conduta que se desexa obter;
  4. modificación do marco de referencia, é dicir, un cambio de actitude nunha actividade determinada.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Bandler, R. & Grinder, J. 1993. Trance-Fórmate: Curso práctico de hipnosis con programación neuro-lingüística. Madrid: Gaia.

Bandler, R. 2004. PNL: La magia en acción. Málaga: Sirio.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Programación neurolingüística
Inglés: 
Neurolinguistic programming
Francés: 
Programmation neurolinguistique
Alemán: 
Neurolinguistische Programmierung
Italiano: 
Programmazione neurolinguistica
Portugués: 
Programação neurolinguística
Ruso: 
Нейро-лингвистическое программирование
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/programacion-neurolinguistica, con data de acceso 04/10/2024).