Martin, X. 2003. Tutoría: técnicas, recursos y actividades. Madrid: Alianza.
Sesión de duración variable durante a que un estudante ou grupo reducido de estudantes e un profesor/a-titor/a se reúnen con algún ou varios dos propósitos seguintes:
- corrixir ou levar a cabo exercicios e actividades de carácter práctico relacionados coa materia impartida durante as clases e clarificar posibles dúbidas acerca da mesma;
- supervisar o traballo do estudante dirixindo o seu desenvolvemento e proporcionándolle información e comentarios acerca do mesmo; e
- falar sobre cuestións directa ou indirectamente vinculadas ao proceso educativo e que afectan á súa evolución, tales como problemas persoais (no fogar, cos profesores ou os compañeiros), dificultades para comprender ou estudar certas materias, etc.
Os dous primeiros tipos de titoría implican un coñecemento en bastante profundidade por parte do profesor/a-titor/a dunha determinada asignatura ou materia de estudos. No primeiro caso, en concreto, a titoría convértese nun instrumento de carácter práctico que serve de apoio e complemento ás clases, e esixe a participación activa do estudante á hora de realizar e corrixir as tarefas. As sesións titoriais tamén forman parte do deseño curricular, levándose a cabo de xeito periódico durante un número fixo de horas por semana. Esta periodicidade non é un trazo obrigatorio nas sesións de tipo b) e c), que teñen unha duración que pode oscilar entre uns cantos minutos e un par de horas, e nas que o máis corrente é que docente e discente concerten unha cita previa. Xeralmente o profesor, sobre todo en niveis de ensino secundario e universitario, adoita dispoñer dun certo número de horas fixas durante a semana dedicadas a este tipo de reunións.
Outro tipo de titorías é aquel no que as reunións se levan a cabo entre o profesor/a-titor/a e os pais do(s) seu(s) titorando(s), para comentar con eles posibles problemas e informalos acerca da evolución académica dos estudantes.
McCallion, P. 1998. Counselling in Schools: A Practical Programme for Developing Counselling Skills in Schools. London: Stationery Office.
Monge Crespo, M. C. 2009. Tutoría y orientación educativa: nuevas competencias. Madrid: Wolters Kluwer.
Moore, W. G. 1968. The Tutorial System and its Future. Oxford: Pergamon Press.