Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Profesor/a-titor/a

Definición:

En formación do profesorado, docente con experiencia encargado dun grupo de persoas que, sendo estudantes ou profesorado en exercicio, queren aprender del ou deben realizar prácticas pedagóxicas baixo a súa supervisión. A función do profesor/a-titor/a é a de axudar a adquirir ou mellorar coñecementos para a docencia e a compartir as súas observacións sobre seu xeito de ensinar. 

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Wallace, M. J. 1991. Training Foreign Language Teachers: A Reflexive Approach. Cambridge: Cambridge University Press.

Docente encargado dun grupo de alumnos nos niveis de Primaria e Secundaria. Tamén se adoita falar de titor/a nos estudos de Terceiro Ciclo ou Doutoramento do ensino universitario. A súa función consiste en orientar, aconsellar e asesorar ao alumnado ao seu cargo en todas as cuestións académicas (e, en ocasións, tamén extra-académicas) que o requiran. Normalmente, os profesores-titores son tamén responsables de levar un control sobre a asistencia a clase dos estudantes do seu grupo, así como de certas tarefas administrativas (levar libros de notas, fichas, informes, etc.). Así mesmo, dentro do seu horario docente, adoitan reservar polo menos unha sesión para recibir aos pais. No ámbito universitario, o titor, ademais de asesorar ao estudante, inícialle na investigación e con frecuencia dirixe a súa tese de doutoramento ou traballo de fin de máster. 

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Griffiths, P. & Sherman, K. 1991. The Form Tutor: New Approaches to Tutoring in the 1990’s. Oxford: Blackwell Education.

Moore, W. G. 1968. The Tutorial System and its Future. Oxford: Pergamon Press.

Roller, C. 1998. So... What’s a Tutor to Do? Newark, DE: International Reading Association.

Sobrado Fernández, L. & Ocampo Gómez, C. 1997. Evaluación Psicopedagógica y Orientación Educativa. Barcelona: Estel.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Profesor/a-tutor/a
Inglés: 
Co-operating teacher
Francés: 
Enseignant-tuteur
Alemán: 
Betreuungslehrer
Italiano: 
Insegnante tutor
Polaco: 
Nauczyciel współpracujący
Portugués: 
Professor cooperante
Ruso: 
Взаимодействующий педагог
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/profesora-titora, con data de acceso 07/12/2024).