Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Orientación educativa

Definición:

Os obxectivos desta disciplina son:

  1. asesorar aos estudantes sobre a súa situación académica;
  2. axudarlles a superar as dificultades que poidan ter á hora de aprender;
  3. orientalos na escolla entre varias opcións ou nos xeitos de prepararse para unha profesión.

A formación de orientadores ten tradición nas titulacións universitarias de Ciencias da Educación (pedagoxía, psicopedagoxía, Psicoloxía Escolar), aínda que tamén nas sociais (Socioloxía, Psicoloxía Social) cando o seu obxecto é a orientación profesional.

O labor do orientador pode fundamentarse en distintos modelos de intervención que van desde a actuación individualizada á organización de programas de orientación ou de propostas tecnolóxicas para as accións de autoaxuda. Para realizar o seu traballo o orientador ha de dispor de información sobre os suxeitos (rendemento académico, resultados de tests, motivación, etc.) e ao mesmo tempo de información sobre a oferta educativa e/ou a do mercado laboral.

Nos centros de primaria e secundaria do noso país, os orientadores prestan unha especial atención á coordinación das actividades titoriais, ao apoio das accións de orientación e titoría realizadas polo profesorado, e á adquisición por parte do alumno de técnicas de estudo apropiadas.

A actual lei que regula o sistema educativo español (LOXSE) recoñece que todos os alumnos teñen dereito a recibir unha adecuada orientación psicopedagóxica, para o que atribúe esta función, en primeira instancia, aos titores de cada curso, e en segunda, ao profesorado especialista en Pedagoxía ou Psicoloxía que dirixa o Departamento de Orientación do centro.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

McCallion, P. 1998. Counselling in Schools: A Practical Programme for Developing Counselling Skills in Schools. London: Stationery Office.

Rodríguez Moreno, M. L. 1988. Orientación educativa. Barcelona: CEAC.

Sobrado Fernández, L. & Ocampo Gómez, C. 1997. Evaluación Psicopedagógica y Orientación Educativa. Barcelona: Estel.

Sobrado Fernández, L. (ed.) 1998. Orientación e inserción profesional. Barcelona: Estel.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Orientación educativa
Inglés: 
Educational counselling/ guidance
Francés: 
Orientation éducative
Alemán: 
Schülerberatung
Italiano: 
Orientamento all'istruzione
Polaco: 
Doradztwo edukacyjne
Portugués: 
Apoio educativo
Ruso: 
Управление образованием
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/orientacion-educativa, con data de acceso 03/12/2024).