MEC (Ministerio de Educación y Ciencia). 1990b. Diseño Curricular Base. Educación Primaria. Madrid: MEC.
Especialización profesional e académica na que converxen os intereses de determinadas áreas da psicoloxía e da pedagoxía. Trata fundamentalmente de investigar e propoñer actuacións en relación coa educación especial que precisan tanto os diminuídos motóricos (parálise cerebral), sensoriais (cegos, xordos) ou intelectuais (atraso mental lixeiro, medio ou profundo), como os superdotados. Tamén investiga os problemas de aprendizaxe (lectura, técnica de estudo, disgrafias, dificultades da fala, etc.).
En España, nos colexios de ensino primario, a intervención psicopedagóxica canalízase a través do especialista en pedagoxía terapéutica, que ás veces é apoiado por outros profesionais, e nos centros de secundaria a través dos Departamentos de Orientación creados como consecuencia da nova ordenación do sistema educativo, tal e como promulga a LOXSE (1990).
Sobrado Fernández, L. & Ocampo Gómez, C. 1997. Evaluación Psicopedagógica y Orientación Educativa. Barcelona: Estel.