Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Psicoloxía

Definición:

Ciencia da conduta. A psicoloxía ten como obxecto a estrutura funcional da conduta, entendida como sistema de respostas de todo tipo co que o organismo se enfronta á realidade. Entre as ramas da Psicoloxía destacan a psicoloxía pedagóxica, centrada nos problemas dos suxeitos e as súas relacións escolares; a psicoloxía clínica, que estuda as desordes da conduta a través da observación do individuo considerado na súa totalidade; a psicoloxía diferencial, que trata das diferenzas individuais ou de grupo con respecto a certos carácteres psíquicos fundamentais; e a psicoloxía industrial, que ten como obxectivo a análise da conduta laboral. 

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Gemelli, A. & Zunini, G. 1968. Introducción a la Psicología. Barcelona: Luis Miracle. 4ª edición.

Ingram, E. 1975. “Psychology and Language Learning”, in Allen, J. P. B. & Corder, S. P. (eds.). The Edinburgh Course in Applied Linguistics. Vol. 2. London: Oxford University Press, pp. 218-290.

Miller, G. A. 1962. Psychology: The Science of Mental Life. Harmondsworth: Penguin.

Pinillos, J. L. 1962. Introducción a la Psicología contemporánea. Madrid: Instituto Luis Vives de Filosofía.

Spolsky, B. (ed.). 1999. Concise Encyclopedia of Educational Linguistics. Oxford: Elsevier.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Psicología
Inglés: 
Psychology
Francés: 
Psychologie
Alemán: 
Psychologie
Italiano: 
Psicologia
Portugués: 
Psicologia
Ruso: 
Психология
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/psicoloxia, con data de acceso 24/03/2025).