Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Psicoloxía evolutiva

Definición:

Rama da psicoloxía que se ocupa do estudo, descrición e a explicación dos mecanismos e das causas do cambio e o desenvolvemento da conduta do individuo, así como dos procesos mentais, emocionais, psicolóxicos e sociais ao longo do seu ciclo vital; con todo, o período máis estudado é o da infancia.

É necesario sinalar que desenvolvemento cronolóxico e desenvolvemento condutual e/ou cognitivo non sempre son paralelos. Os antecedentes da Psicoloxía evolutiva remóntanse a finais do século XIX e principios do XX, coas correntes de estudo da Psicoloxía xenética, dado que o concepto de desenvolvemento se tomou da Bioloxía. A psicoloxía evolutiva está estreitamente vinculada á psicoloxía cognitiva (procesamento da información), á psicoloxía social evolutiva (interacción) e á psicoloxía da aprendizaxe (condutismo, teoría do estímulo-resposta, condicionamento e reforzo, etc.).

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Barkow, J. H., Cosmides, L. & Tooby, J. (eds.) 1992. The Adapted Mind: Evolutionary Psychology and the Generation of Culture. Oxford: Oxford University Press.

Gardner, H. 1982. Development Psychology: An Introduction. Boston, Mass.: Little, Brown.

Marchesi, A., Carretero, M. & Palacios, J. (eds.) 1991. Psicología evolutiva. Madrid: Alianza.

Martí Sala, E. 1991. Psicología evolutiva: Teorías y ámbitos de investigación. Barcelona: Anthropos.

Maturana, H. & Varela, F. 1987. The Tree of Knowledge: The Biological Roots of Human Understanding. Boston: Shambhala Press.

Pinker, S. 1997. How the Mind Works. New York: Norton.

Williams, G. C. 1966. Adaptation and Natural Selection: A Critique of some Current Evolutionary Thought. Princeton, N J: Princeton University Press, 1966.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Psicología evolutiva
Inglés: 
Developmental psychology
Francés: 
Psychologie évolutive
Alemán: 
Entwicklungspsychologie
Italiano: 
Psicologia evolutiva
Portugués: 
Psicologia do desenvolvimento
Ruso: 
Психология развития
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/psicoloxia-evolutiva, con data de acceso 20/03/2025).