Cohen, G. 1983. Psicología cognitiva. Madrid: Alhambra.
Rama da psicoloxía que trata do estudo da natureza dos sistemas de coñecemento e, en especial, daqueles procesos relacionados co pensamento, a percepción, a comprensión, a memoria e a aprendizaxe. Nestes últimos anos, a Psicoloxía cognitiva viuse relacionada cos enfoques mentalistas da lingüística e, en concreto, coa gramática xenerativo-transformacional de Chomsky, que asocia a estrutura da linguaxe coa natureza dos procesos cognitivos humanos. De acordo con Williams e Burden (1997), a Psicoloxía cognitiva exerce unha influencia importante na metodoloxía do ensino das linguas estranxeiras xa que no proceso de aprendizaxe o estudante pon en funcionamento toda unha serie de estratexias ou mecanismos co fin de organizar o sistema lingüístico que desexa aprender.
Gagné, E. D. 1991. Psicología cognitiva del aprendizaje escolar. Madrid: Visor.
Neisser, U. 1967. Cognitive Psychology. Nueva York: Appleton-Century-Crofts.
Sternberg, R. J. 1996. Cognitive Psychology. Fort North: Harcourt Brace College Publishers.
Williams, M. & Burden, R. L. 1997. Psychology for Language Teachers. A Social Constructivist Approach. Cambridge: Cambridge University Press, 1997. (Traducción al español a cargo de Alejandro Varela, publicada en 1999 por la misma editorial).