Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Psicolingüística

Definición:

Rama da lingüística de carácter interdisciplinar que estuda os procesos mentais de adquisición da linguaxe nos seres humanos. Trata de establecer as características universais das regras que rexen a devandita adquisición, os presupostos psicolóxicos da linguaxe e a comunicación, os procesos polos que leva a cabo a produción (codificación) e comprensión (descodificación) da linguaxe e a evolución dos mesmos no transcurso da vida do individuo, a relación existente entre os mecanismos de adquisición da linguaxe con outros procesos cognitivos, os problemas relacionados coa adquisición, e a forma na que factores tanto psicolóxicos como sociais afectan ou inflúen na adquisición e na evolución lingüística. Esta disciplina céntrase no estudo da aprendizaxe da lingua materna e concede especial importancia ao desenvolvemento lingüístico durante a infancia, aínda que tamén inclúe o estudo da percepción da fala, o papel que xoga a memoria, a formación de conceptos, e o modo en que os factores sociais e psicolóxicos afectan ao uso da lingua.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Clark, H. H. & Clark, E. 1977. Psychology and Language. New York: Harcourt, Brace, Jovanovich.

Dale, P. S. 1980. Desarrollo del lenguaje: Un enfoque psicolingüístico. México D F: Trillas.

Estarellas, J. 1971. La psicolingüística y la enseñanza de los idiomas. Salamanca: Anaya.

Foss, D. & Hakes, D. T. 1978. Psycholinguistics. An Introduction to the Psychology of Language. New Jersey: Prentice Hall.

Garman, M. 1990. Psycholinguistics. Cambridge: Cambridge University Press.

Gleason, J. B. & Tatner, N. B. 1998. Psycholinguistics. Fort North, Tex; London: Harcourt Brace Jovanovich.

Hatch, E. M. 1983. Psycholinguistics. A Second Language Perspective. Rowley, Mass.: Newbury House, Publishers.

Pinker, S. 1994. The Language Instinct. London: Penguin. (Existe también traducción al español de 1995 en Alianza Editorial).

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Psicolingüística
Inglés: 
Psycholinguistics
Francés: 
Psycholinguistique
Alemán: 
Psycholinguistik
Italiano: 
Psicolinguistica
Portugués: 
Psicolinguística
Ruso: 
Психолингвистика
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/psicolinguistica, con data de acceso 20/04/2024).