Mialaret, G. 1966. Introducción a la Pedagogía. Barcelona: Planeta, 1979.
Ciencia da educación. Modo propio dunha cultura de organizar o ensino e a aprendizaxe formal en institucións como a escola. O logro da capacidade para ler e escribir, así como a habilidade de expresarse oralmente e por escrito na lingua materna son dous obxectivos principais da Pedagoxía. Algúns especialistas establecen unha distinción entre Ciencias da Educación e Pedagoxía. Considérase que a primeira ten unha actitude especulativa mentres que na segunda prima a actitude práctica. Normalmente distínguense tres ramas da Pedagoxía: a Pedagoxía familiar, que estuda a educación na contorna da familia; a Pedagoxía escolar ou institucional, que se centra na educación impartida en institucións escolares de calquera nivel e tipo; e a Pedagoxía ambiental ou social, que contempla a educación desde o punto de vista do ambiente social, o cal actúa como condicionante ou factor de influencia.
Spolsky, B. (ed.). 1999. Concise Encyclopedia of Educational Linguistics. Oxford: Elsevier.