Arends, R. I. 1997. Classroom Instruction and Management. New York & London: McGraw-Hill.
Formas diversas nas que o profesor organiza e controla as distintas actividades que se realizan na aula. Estas implican, entre outras, as seguintes áreas de interese:
- O uso do cadro de pizarra e dos materiais audiovisuais (retroproxector, casete, reprodutor de CD, vídeo, fotografías, tarxeta con debuxo).
- Os tipos de agrupamento dos alumnos, de acordo coa actividade que se estea realizando (en parellas, en grupos, en filas de 3, 4, 5, etc.).
- O comportamento do alumno e as formas de enfrontarse cos problemas de disciplina.
- O papel do profesor como informante, organizador ou avaliador. Esta área inclúe tamén, entre outros aspectos, o movemento do profesor e a súa posición na aula, por exemplo, á fronte da clase para presentar material novo, explicar unha actividade de aula e revisar ou corrixir un exercicio, ou ben circulando durante unha actividade na que os alumnos traballan en grupos, parellas ou de forma individual. Ademais, a expresión corporal, os xestos, o contacto visual e a voz do docente poden facilitar ou non a comprensión da linguaxe verbal.
- O discurso de aula, que inclúe polo menos os seguintes apartados:
- interacción docente-discente: utilización da segunda lingua para todas as actividades da clase ou combinación desta e da L1; aínda que se adoita recomendar o emprego da segunda lingua como medio principal de comunicación na clase de acordo co nivel do alumno, cada vez admítese máis o uso da L1 para explicacións concretas ou casos específicos onde o seu uso se fai necesario;
- interacción discente-docente: linguaxe que se esixe que utilice o discente para comunicarse co docente;
- interacción discente-discente: hai certas formas da segunda lingua cuxo uso pode ser fomentado entre os alumnos, como, por exemplo, na clase de inglés, I’m not ready yet (“Aínda non estou preparado”), It’s your turn (“Tócache a ti”) ou Could you please lend me a rubber? (“Poderías prestarme unha goma, por favor?”);
- uso das mans, instrucións xerais;
- personalización e tratamento personalizado do alumno: é conveniente recordar e usar os nomes de cada membro da clase; así mesmo, é aconsellable que o docente procure decatarse dos problemas específicos de aprendizaxe de cada estudante, ademais de intentar comprender os distintos tipos psicolóxicos e sociais, desde o introvertido que sofre por ter que participar ata o máis extrovertido que, nalgúns casos, quere ser o centro de atención en todo momento; e, para rematar,
- planificación da clase: aínda que haxa un programa que o profesor decidira seguir, cómpre planificar as clases diarias e organizar máis polo miúdo o que se pensa incluír en cada unha delas.
Entradas relacionadas:
Bibliografía:
Bryson, J. 1998. Effective Classroom Management. London: Hodder & Stoughton.
Doff, A. 1988. Teach English: A Training Course for Teachers. Cambridge: Cambridge University Press.
Lewis, M. & Hill, J. 1993. Source Book for Teaching English as a Foreign Language. Oxford: Heinemann.
McDonough, J. & Shaw, C. 1994. Materials and Methods in ELT. Oxford: Blackwell.
Willis, J. 1981. Teaching English through English: A Course in Language Classroom and Techniques. Harlow: Longman, 1987.