Dickinson, L. 1987. Self-Instruction in Language Learning. Cambridge: Cambridge University Press.
Tamén individualización.
Termo que se emprega para describir certos métodos de ensino e aprendizaxe nos que o esforzo docente se concentra no alumno, concedéndoselle gran importancia ao desenvolvemento das súas capacidades de aprendizaxe, así como ás súas necesidades específicas, opinións e actitudes con respecto ao proceso educativo.
A personalización ten por obxectivo principal implicar ao alumno no proceso de aprendizaxe de xeito directo e activo. Esta filosofía educativa xorde como reacción aos métodos tradicionais nos que todo o peso do proceso educativo recaía única e exclusivamente no profesor. Os docentes eran os encargados de decidir que era o que necesitaban aprender os estudantes, mediante que procesos e a que ritmo. Desta forma, tanto os obxectivos como os métodos didácticos, os conceptos e contidos de cada curso, as actividades, os exercicios e a marcha do curso establecíanse de acordo coas opinións e preferencias do persoal docente sen ter en conta en ningún momento os puntos de vista, preferencias ou necesidades dos alumnos.
Estes métodos tradicionais contrastan con aqueles centrados en torno ao alumno, que parten das bases teóricas establecidas mediante a análise de necesidades.
Dentro do ámbito da personalización como teoría docente investigáronse diversos aspectos, desde a análise de necesidades ata o ensino da segunda lingua para fins específicos, o estudo do ensino da segunda lingua a estudantes con necesidades especiais, o acceso directo e outros métodos de aprendizaxe e ensino centrados no alumno.
Geddes, M. & Sturtridge, G. 1982a. Individualisation. Oxford: Modern English Publications.