Carbone, E. 1998. Teaching Large Classes: Tools and Strategies. Thousand Oaks, Cal.: Sage.
Tipo de ensino que ten en conta de xeito preferente as diferenzas individuais de aprendizaxe que poidan existir dentro dun mesmo grupo de estudantes. Estas diferenzas poderán vir determinadas por factores de aprendizaxe como a motivación, a personalidade, a intelixencia e a aptitude do discente, así como pola posible existencia de niveis de coñecemento distintos entre o alumnado. O docente, no posible, deberá introducir no seu ensino fórmulas para atender á diversidade mediante actividades que poidan facer tanto os discentes máis avanzados como os menos avanzados, e mediante técnicas que estean en consonancia co perfil psicopedagóxico da maioría do alumnado da clase. Dentro das ensinanzas xerais da ESO en España, recoméndase que os centros educativos adopten medidas curriculares e organizativas que respondan ás necesidades do seu contexto. Entre as medidas curriculares destacan a titoría, a adaptación curricular individualizada, o reforzo e a optatividade. Os agrupamentos específicos, a permanencia do estudante un ano máis, o apoio ao alumnado con necesidades especiais e a diversificación curricular constitúen as medidas de tipo organizativo.
Nolasco, R. & Arthur, L. 1988. Large Classes. Basingstoke: Macmillan.
Prodomou, L. 1992. Mixed-Ability Classes. London: Macmillan.
Tice, J. 1997. The Mixed Ability Class. London: Richmond.