Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Ensino a grupos numerosos

Definición:

A definición dun grupo numeroso é relativa. Nalgunhas institucións considérase que 20 estudantes son moitos, mentres que noutras o número podería ser desde 50 ata máis de 100. Con todo, o importante é o que o docente percibe como un grupo numeroso. En xeral, os grupos numerosos amosan dificultades específicas relacionadas sobre todo co mantemento da disciplina e a motivación do alumnado. Para saír ao paso dos posibles problemas, o profesor debe empregar desde un principio actividades que lle permitan coñecer o mellor posible ao seu alumnado (xogos de presentación, cuestionarios sobre intereses persoais, etc.) e debe tratar de crear un clima de aula que permita utilizar con regularidade o traballo en grupos con independencia do profesor. Para este fin, a disposición adecuada do mobiliario dentro da aula e o emprego de actividades comunicativas que fomenten a participación activa do alumnado xogan un papel moi importante. Unha dificultade engadida no caso dos grupos numerosos é que tenden a presentar tamén un grao elevado de heteroxeneidade. 

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Hess, N. 2001. Teaching Large Multilevel Classes. Cambridge: Cambridge University Press.

Nolasco, R. & Arthur, L. 1988. Large Classes. Basingstoke: Macmillan.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Enseñanza a grupos numerosos
Inglés: 
Teaching large groups
Francés: 
Enseignement à des groupes nombreux
Alemán: 
Unterricht mit grossen Gruppen
Italiano: 
Insegnamento a gruppi numerosi
Polaco: 
Nauczanie w dużych grupach
Portugués: 
Ensino de grandes grupos
Ruso: 
Обучение больших групп
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/ensino-grupos-numerosos, con data de acceso 19/04/2024).