Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Ensino a grupos heteroxéneos

Definición:

Un grupo de estudantes considérase heteroxéneo cando presenta un grao de diversidade interna tal que pode afectar de modo directo ao desenvolvemento do ensino. As diferenzas entre os membros dun grupo heteroxéneo poden ser de distinta natureza:

  1. diferentes niveis de competencia na lingua estranxeira;
  2. pertenza a distintas culturas;
  3. distintos estilos de aprendizaxe, niveis de intelixencia, motivación e experiencia;
  4. coñecemento dun ou máis idiomas por parte dalgúns mentres outros só coñecen a lingua materna; e finalmente,
  5. diferenzas de idades, personalidade, actitudes, autoestima e intereses.

No caso, por exemplo, dunha clase de ensino secundario as diferenzas non teñen por que ser necesariamente tan grandes. A modo de posibles estratexias ou técnicas para enfrontarse con grupos heteroxéneos mencionaremos as seguintes:

  1. Uso dunha gran variedade de temas, métodos e textos.
  2. Realización de actividades interesantes e motivadoras, de tal xeito que se a lingua que aprenden non motiva a algúns deles, polo menos as actividades os poidan manter interesados.
  3. Fomento da cooperación entre eles. Os estudantes poden traballar en colaboración e ensinarse os uns aos outros.
  4. Práctica dun ensino o máis personalizado posible, é dicir, que permita que os discentes escollan entre os materiais e tarefas que queren levar a cabo.
  5. Propoñer tarefas obrigatorias xunto con outras optativas. Nun principio toda a clase terá que facer algunha actividade obrigatoria para despois escoller unha optativa.
  6. Uso de entradas ou pautas abertas.
Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Carbone, E. 1998. Teaching Large Classes: Tools and Strategies. Thousand Oaks, Cal.: Sage.

Hess, N. 2001. Teaching Large Multilevel Classes. Cambridge: Cambridge University Press.

Prodomou, L. 1992. Mixed-Ability Classes. London: Macmillan.

Ur, P. 1996. A Course in Language Teaching – Practice and Theory. Cambridge: Cambridge University Press.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Enseñanza a grupos heterogéneos
Inglés: 
Teaching mixed-ability groups
Francés: 
Enseignement à des groupes hétérogènes
Alemán: 
Unterricht mit heterogenen Gruppen
Italiano: 
Insegnamento a gruppi eterogenei
Polaco: 
Nauczanie w grupach heterogenicznych
Portugués: 
Ensino de grupos heterogéneos
Ruso: 
Обучение групп со смешанными способностями
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/ensino-grupos-heteroxeneos, con data de acceso 18/04/2024).