Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Agrupamento

Definición:

Modo de distribución dos alumnos dunha clase de acordo coa secuencia didáctica ou tipo de actividade que se estea a realizar. Así, por exemplo, a presentación de novas estruturas ou funcións por parte do profesor requirirá que todos os alumnos presten atención como grupo. Noutras ocasións, como cando sexa necesario levar a cabo a práctica de novos contidos, os alumnos poderán estar organizados en parellas ou en grupos de maior ou menor tamaño segundo as circunstancias o requiran. Xeralmente, este tipo de distribución aumenta o tempo que o profesor pode destinar á práctica. Non obstante, estes modos de organización da clase requiren un tempo prudente de adestramento, así como unhas instrucións claras por parte do docente.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Underwood, M. 1987. Effective Class Management. London; New York: Longman.

Ur, P. 1996. A Course in Language Teaching – Practice and Theory. Cambridge: Cambridge University Press.

Willis, J. 1981. Teaching English through English: A Course in Language Classroom and Techniques. Harlow: Longman, 1987.

Mackey (1965) preocupouse do estudo da gradación nos materiais curriculares. Segundo este autor, os contidos gramaticais non deben distribuírse ao azar no curso, senón que se deben agrupar pola súa relación lingüística ou psicolóxica. Un exemplo deste tipo de agrupamento sería explicar de forma conxunta en inglés os adverbios de frecuencia e o presente simple.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Mackey, W. F. 1965. Language Teaching Analysis. London: Longman.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Agrupamiento
Inglés: 
Grouping
Francés: 
Groupement
Alemán: 
Gruppenbildung
Italiano: 
Divisione in gruppi
Polaco: 
Podział na grupy
Portugués: 
Divisão em grupos
Ruso: 
Группировка
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/agrupamento, con data de acceso 29/03/2024).