Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Ensino persoalizado

Definición:

Tamén ensino individualizado.

Período de tempo nunha clase no que o discente, baixo a supervisión do profesor, traballa de modo independente, máis que en grupos ou como parte da clase no seu conxunto.

Forma na que o profesor trata de satisfacer as necesidades de aprendizaxe dos seus estudantes mediante a planificación dalgún elemento de personalización dentro da programación escolar. Isto pode consistir na selección dunha serie de actividades para os distintos estudantes de acordo coas súas necesidades.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Dickinson, L. 1987. Self-Instruction in Language Learning. Cambridge: Cambridge University Press.

Geddes, M. & Sturtridge, G. 1982a. Individualisation. Oxford: Modern English Publications.

Prodomou, L. 1992. Mixed-Ability Classes. London: Macmillan.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Enseñanza personalizada
Inglés: 
Individualized learning
Francés: 
Enseignement individualisé
Alemán: 
Individualisiertes Lernen
Italiano: 
Insegnamento individualizzato
Polaco: 
Nauczanie indywidualne
Portugués: 
Ensino individualizado
Ruso: 
Индивидуальное обучение
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/ensino-persoalizado, con data de acceso 24/04/2025).