Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Produción lingüística

Definición:

Procesos implicados na creación lingüística e expresión do significado nunha lingua. Numerosas teorías psicolingüísticas e da psicoloxía cognitiva tratan de explicar os diferentes procesos relevantes na produción dunha lingua. Entre os devanditos procesos podemos distinguir os seguintes:

  1. a construción, mediante a que o falante ou a persoa que escribe selecciona obxectivos na comunicación e crea proposicións que expresan os significados desexados;
  2. a transformación ou articulación, mediante a que os significados se codifican como formas lingüísticas segundo a gramática da lingua meta; e
  3. a execución, é dicir, a mensaxe exprésase de forma audible ou visible mediante a fala ou a expresión escrita.

Nestas teorías de produción lingüística é importante que os procesos implicados sexan análogos a aqueles presentes na comprensión da mesma, aínda que en orde inversa. 

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Anderson, J. 1983. The Architecture of Cognition. Cambridge, Mass.: Harvard University Press.

Anderson, J. 1985. Cognitive Psychology and its Implications. New York: Freeman. 2nd edition.

Ellis, R. 1991. Understanding Second Language Acquisition. Oxford: Oxford University Press.

Littlewood, W. 1981. Communicative Language Teaching: An Introduction. Cambridge: Cambridge University Press. (Existe también una versión traducida al español del año 1996 en la misma editorial).

Tamén chamada educto ou output, fai referencia ao que o estudante produce oralmente ou por escrito na lingua que está aprendendo. Para aprender ben unha lingua son imprescindibles tanto o aducto como a práctica continuada da mesma (a produción).

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Krashen, S. D. 1989. “We Acquire Vocabulary and Spelling of Reading: Additional Evidence for the Input Hypothesis.” Modern Language Journal 73: 440-464.

Swain, M. 1985. “Communicative Competence: Some Rules of Comprehensible Input and Comprehensible Output in its Development”, in Gass, S. & Madden, C. (eds.), 1985, pp. 235-253.

Terceira fase ou etapa principal no desenvolvemento dunha clase ou unidade didáctica.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Willis, J. 1981. Teaching English through English: A Course in Language Classroom and Techniques. Harlow: Longman, 1987.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Producción lingüística
Inglés: 
Language production
Francés: 
Production d'une langue
Alemán: 
Sprachproduktion
Italiano: 
Produzione linguistica
Polaco: 
Produkcja języka
Portugués: 
Produção linguística
Ruso: 
Языковая деятельность
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/producion-linguistica, con data de acceso 03/12/2024).