Anderson, J. 1983. The Architecture of Cognition. Cambridge, Mass.: Harvard University Press.
Proceso relevante para a comprensión dos significados da lingua oral e escrita. As teorías acerca da comprensión lingüística constitúen un aspecto importante da psicolingüística, a psicoloxía cognitiva e a adquisición de segundas linguas. Entre estes procesos atópanse os seguintes:
- Procesamento de percepcións. A atención céntrase no texto oral ou escrito, reténdose partes do mesmo na memoria a curto prazo. Lévase a cabo unha análise inicial do texto, centrándose a atención nos elementos que poidan axudar a identificar constituíntes ou partes significativas da pasaxe. Estes elementos poden ser pausas ou a entonación enfática na lingua oral, ou a puntuación ou segmentación dos parágrafos na lingua escrita.
- Análise. Identifícanse as palabras e únense ás representacións na memoria a longo prazo, creándose unidades básicas de significado chamadas proposicións. O coñecemento da estrutura gramatical da lingua meta serve de axuda á hora de recoñecer constituíntes e proposicións.
- Utilización ou elaboración. Relaciónanse as proposicións con outro tipo de conceptos e información na memoria a longo prazo e establécense conexións con outros conceptos e combinacións xa existentes.
Entradas relacionadas:
Bibliografía:
Anderson, J. 1985. Cognitive Psychology and its Implications. New York: Freeman. 2nd edition.
Clark, H. H. & Clark, E. 1977. Psychology and Language. New York: Harcourt, Brace, Jovanovich.