Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Educto

Definición:

Tamén output e resposta lingüística.

Lingua que produce un aprendiz tras recibir o aducto correspondente. O educto baséase na toma (intake) e na reestruturación do aducto; constitúe o medio máis eficaz para o estudo da interlinguaxe e dos procesos psicolingüísticos que fan posible a súa adquisición. Krashen (1985) propuxo a hipótese do educto, que se divide en dúas fases. A primeira denomínase educto máis corrección, segundo a cal os aprendices producen regras que posteriormente comproban a través das correccións que reciben. A segunda é o educto comprensible, na que o aprendiz fai o seu educto máis preciso e mellora a súa expresión cara á comunicación. 

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Bialystok, E. 1978. "A Theoretical Model of Second Language Learning". Language Learning 28: 69-83. (Versión española en Liceras, J. M. 1992. La Adquisición de lenguas extranjeras. Madrid: Visor Dis).

Krashen, S. D. 1985. The Input Hypothesis: Issues and Implications. Harlow: Longman.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Educto
Inglés: 
Output
Francés: 
Output
Alemán: 
Output
Italiano: 
Output
Polaco: 
Output
Portugués: 
Output
Ruso: 
Выходной материал / вывод
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/educto, con data de acceso 06/12/2024).