Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Hipótese do aducto

Definición:

Tamén hipótese do input e hipótese da información de entrada.

hipótese formulada por Krashen (1985) que intenta explicar o proceso de adquisición de segundas linguas. Segundo esta teoría:

  1. os aprendices seguen unha orde natural de adquisición cando reciben o aducto comprensible que contén unha estrutura dun grao superior ao seu nivel de competencia lingüística ((input) +1);
  2. o aducto comprensible non é suficiente, senón que ten que haber unha disposición afectiva que facilite a entrada do aducto;
  3. a simplificación da lingua utilizada por parte das persoas en contacto co aprendiz, o contexto e os aspectos extralingüísticos fan comprensible o aducto; e
  4. a produción do aprendiz non contribúe de forma directa á adquisición, senón que é o resultado da adquisición.
Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Krashen, S. D. 1985. The Input Hypothesis: Issues and Implications. Harlow: Longman.

Vázquez, J. & Hueso, M. D. 1989. “La hipótesis del input en la teoría de la adquisición de la segunda lengua.” Revista Española de Lingüística Aplicada 5: 53-62.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Hipótesis del aducto
Inglés: 
Input hypothesis
Francés: 
Hypothèse de l'input
Alemán: 
Input-Hypothese
Italiano: 
Ipotesi dell'input
Polaco: 
Hipoteza inputu/Hipoteza językowych danych wejściowych
Portugués: 
Hipótese do input
Ruso: 
Гипотеза входного материала
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/hipotese-aducto, con data de acceso 10/12/2024).