Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Filtro afectivo

Definición:

Termo acuñado por Krashen (1981) para denominar a dimensión ou compoñente afectivo que xera o aducto recibido antes de ser procesado polo organizador cognitivo. Se o filtro afectivo está a un nivel alto, o aprendiz non adquire os coñecementos ou os adquire de forma moi limitada.

De acordo con este investigador, o filtro afectivo está relacionado co papel que a actitude e a motivación desempeñan á hora de seleccionar a información lingüística á que o aprendiz está exposto. 

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Dulay, H.; Burt, M. & Krashen, S. 1982. Language Two. New York: Oxford University Press.

Krashen, S. D. 1981. Second Language Acquisition and Second Language Learning. Oxford: Pergamon Press.

Correspondencia noutros idiomas
Galego: 
Filtro afectivo
Inglés: 
Affective filter
Francés: 
Filtre affectif
Alemán: 
Affektiver Filter
Italiano: 
Filtro affettivo
Polaco: 
Filtr afektywny
Portugués: 
Filtro afetivo
Entrada anterior / seguinte:

Cómo citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/filtro-afectivo, con data de acceso 16/12/2019).